jueves, 13 de noviembre de 2014

13 - NOVEMBRO - 1996 13 - NOVEMBRO - 2014 FUNDACIÓN LUIS SEOANE


FUNDACIÓN LUIS SEOANE 13 DE NOVEMBRO 1996 13 DE NOVEMBRO 2014



Un día coma hoxe, 13 de novembro de 1996, hai 18 anos, botaba a andar a Fundación Luis Seoane na sede provisional na rúa Durán Loriga da Coruña. 

Día de festa e esperanza, María Elvira Fernández López, compañera inseparable de Luis Seoane e factora do proxecto, estaba radiante e alegre na presentación aos medios xornalísticos dunha selección de óleos do seu home, e pensando nun futuro no que a figura de Luis Seoane fose respetada, coñecida, difundida e toda a súa obra escrita, pintada, debuxada fose patrimonio de todos.



Hoxe, 13 de novembro de 2014, estaría contenta? Luis Seoane non está na Fundación Luis Seoane, non hai nada exposto de Luis Seoane. Ren, nada, res, ezer, rien, niente, nothing, nichts…



Mais parece ser que os proxectos que non podíamos facer Maruja e maís eu, agora, semella que si se poden facer. Pois ben, saiban que poden contar comigo. Sempre traballei e traballarei pola conservación, estudo e difusión da obra e pensamento de Luis Seoane.

rosa espiñeira pan



No hay comentarios:

Publicar un comentario