miércoles, 26 de noviembre de 2014

VIII AGASALLO A LUIS SEOANE, 1 DECEMBRO 2014, LUNS






                             
   NOTA DE PRENSA


Non queriamos deixar pasar este ano sen celebrar o VIII AGASALLO A LUIS SEOANE, que sempre celebramos o 1 de xuño, data do seu nacemento. Por iso, o próximo LUNS, 1 DE DECEMBRO 2014, farémolo plantando tres plantas de ruda e un allo verde, en lembranza do libro do que é autor  Tres Hojas de Ruda y un Ajo Verde, publicado en Ediciones Botella al mar en Buenos Aires en 1948, ao pé do busto que ao artista lle fixeron os viciños de Monelos como homaxe en 1984, na praza que leva o seu nome.

Pola tarde na Librería Formatos falaremos de LUIS SEOANE A TRAVÉS DE MARÍA ELVIRA FERNÁNDEZ LÓPEZ, a súa compañeira inseparable quen continúa ata a súa morte facendo que a súa obra pintada, escrita, debuxada poida ser patrimonio de todos e que chegue así a todo o mundo. Por iso queremos facer con este agasallo unha lembranza a esta parella que nos deixou tanto: a Luis Seoane como home e artista e a María Elvira Fernández López como muller e persoa que axudou a que así fora.



1 DECEMBRO 2014, LUNS

PLANTACIÓN DE TRES PLANTAS DE RUDA E UN ALLO VERDE

HORA: 12, 30 

LUGAR: PRAZA DE LUIS SEOANE ( novos ministerios) A CORUÑA



LUIS SEOANE A TRAVÉS DE MARÍA ELVIRA FERNÁNDEZ LÓPEZ

Participan: Xosé Martínez-Romero Gandos, amigo persoal de Luis Seoane e de María Elvira Fernández López; Rosa Espiñeira Pan, amiga e albacea de María Elvira Fernández López, e todos os que o desexen

HORA: 19,30 h

LUGAR: LIBRERÍA FORMATOS, r/ Fernández Latorre 5- A CORUÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario