miércoles, 27 de mayo de 2015

REINER SCHIESTL





   

REINER SCHIESTL

Nace no Tirol Austríaco en 1939. Estudos de pintura na Academia de Belas Artes de Viena. Vive en Innsbruck. Inspírase en viaxes polo mundo enteiro. Desde 1969 pasa longas tempadas en España, en 1980 afíncase en Medinaceli/Soria. Mostra a súa obra (sobretodo acuarela, debuxo, obra gráfica, acrílicos, collages, cerámica e fotografía) en toda Europa.
As paisaxes á acuarela ocupan un lugar especial na súa obra, sempre  acompáñalle a cámara fotográfica ás súas excursións de pintar ao aire libre. En 2005 tiña a idea de tomar fotografías de todos os rincóns onde pintaba.
No seu último libro, “REINER SCHIESTL -ACUARELAS Y FOTOGRAFÍAS- PAISAJES  PARAJES  RASTROJOS  PARIDERAS” editado por figurandorecuerdo(s) edicions cun texto en galego, castelán e alemán, o mesmo que se vai presentar o vindeiro venres, 29 de maio, ás 19:45h, na librería Formatos da Coruña, trata de investigar como a mirada do artista realízase en dúas técnicas tan distintas como son a acuarela e a fotografía.


Participarán na presentación:
Reiner Schiestl, pintor e autor do libro
Xoan Piñón, fotógrafo e músico
Paula Fernández Bañuelos, ensinante e teórica da arte
Rosa Espiñeira Pan, editora de figurandorecuerdo(s)edicions e estudiosa da obra de Luis Seoane




No hay comentarios:

Publicar un comentario