martes, 23 de junio de 2015

San Xohan en GALICIA EMIGRANTE, nº35, Buenos Aires 1958



FESTA DE SAN XOHAN A noite do 23, víspera do San Xohan, acéndense os lumes co combustíble que axuntan os veciños. Arredor dos lumes cántase e báilase. Bríncase por riba do lume decindo:
        Pasal-os lumes de San Xohan
        pra que non me morda cadela nin can,
        nin cantos males han.
   A mañá do seguinte día, o sexa o 24 día de San Xohan, sobor das cinzas que ficaron dos lumes faise un fumazo con herbas recollidas o víspera e que se deixaron ao orballo toda a noite. Istas herbas son: fiuncho, ramas de sabugo, herba de Santa María, malva, etc. Unha vez producido o fume pásanse por íl pessoas e gando pra evitar que en todo o ano as enfermedades os ataquen. Istas herbas gardadas nas casas preservan das tormentas e das meigas. Tamén pol-a mañanciña van mozos e mozas a catar a iauga de sete fontes que logo gardan nunha botella, e que ten a virtude de preservar das enfermedades cutáneas: sarna, etc. Ollan como baila o sol coa lua, cantando ista cantiga que se refire a elo:
        San Xohan pideulle a Cristo


        que non o adormentase,
        pra ver bailal-o Sol
        o día da sua romaxe.
  Tamén é costume, con fins terapéuticos, ir tomal-o orballo da mañá, ispíndose entre o centeo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario