miércoles, 8 de junio de 2016

AGASALLOS A LUIS SEOANE (2007-2016)




O 1 de xuño de 2001 comezaba, dalgunha maneira, os meus agasallos a Luis Seoane no día do seu nacemento. Gusto de celebrar o día de nacemento e non o da morte (aínda que a dalgunhas persoas para as que non teño nin olvido nin perdón, non me importaría celebrala.)
En 2001 publico unha carta aberta a Luis Seoane na imprensa. En 2002 escríbolle de novo unha carta nun medio de comunicación. En 2003 e 2004 nada, en 2005 a miña maneira particular de agasallar a Luis Seoane é poñendo todo e máis na homenaxe a Lorenzo Varela no ano no que lle dedican o Día das Letras Galegas coa inauguración o 1 de xuño da exposición traballada e pensada co corazón e a cabeza LORENZO VARELA LUIS SEOANE GALEGUIDADE UNIVERSAL.
En 2006 paso por un despido improcedente que me afasta do meu traballo prezado e merecido.
É en 2007 cando preciso que Luis Seoane estea na rúa ao alcance de todas, pois é patrimonio universal e coa colaboración de persoas amigas e da biblioteca Miguel González-Garcés principiamos os Agasallos, ese ano celebrámolo cunha lectura dos seus textos e debuxando e retratando dunha maneira furtiva ás persoas que tiñamos arredor, semellando o que facía Luis Seoane cando tomaba un café nas diferentes cidades do mundo que visitaba. Podíase elexir tamén outro tema para os seus debuxos, por exemplo aqueles que foron os seus favoritos: buguinas, mulleres con paxaros, emigrantes, soles brillantes, mariñeiros, xente dicindo adeus desde un barco, seitureiras, campesiños, homes e mulleres durmindo a sesta ou conversando, sereas, paisaxes galegas e arxentinas, homes con cabalos, o mar embravecido, campos de color, mariscadoras, secadeiros de polbos, patacas brotadas, a Torre de Hércules, persoas pensativas….
O cartel foi realizado por Barro Salgado Santana(grupo revisión)
2007
2007



2007
Rifa de libros de Luis Seoane entre os participantes debuxantes
Finalizamos este I AGASALLO con música de gaita até a praza que leva o nome do artista onde plantamos tres plantas de ruda e un allo verde, recordando o precioso libro de lendas que Luis Seoane escribe e publica en ediciones botella al mar, en Buenos Aires, en 1948,  que leva o título  de “Tres hojas de ruda y un ajo verde”. Isto quedará como un acto de celebración en todos os agasallos posteriores.
2008: II AGASALLO, exposición dos debuxos feitos o ano anterior, lecturas de textos de Luis Seoane e plantación
2008



2009: III AGASALLO, presentación do libro HEROES DE GALIZA E DE ESPAÑA, traducido do español ao galego, editado por figurandorecuerdo(s)edicions. Participando Xesús Abuín, Carlos Callón, Herminio Barreiro e Rosa Espiñeira Pan, seguido da plantación das  tres rudas e un allo verde
2009

2010: IV AGASALLO, presentación con Xaquín Chaves, Luis José Seoane Eguiburu e Rosa Espiñeira Pan do libro, editado por figurandorecuerdo(s)edicions, POEMAS ALUMEADOS, selección de poemas de Luis Seoane, ilustrados por diferentes artistas e exposición dos orixinais. Concerto presentación do que despois será o novo disco de DOA  “A FRONDA DOS CERVOS”.
2010
Rematando coa plantación na praza Luis Seoane

2010
2010
2011: V AGASALLO, na Biblioteca Miguel González Garcés a mostra CENTO UN libros da Biblioteca de Arte de Luis Seoane, regalada por Maruja Seoane á Real Academia Galega, coa participación do Concello, da Real Academia Galega, a Biblioteca e a organizadora.Seguidamente faise a plantación na Praza Luis Seoane
2012: VI AGASALLO, publicación de ACERCA DA INTEGRACIÓN DAS ARTES, de Luis Seoane editado por figurandorecuerdo(s)edicions, presentación a cargo de Fernando Agrasar, Fernando Arenaz, Rosa Espiñeira Pan na Librería Formatos da Coruña. Primeramente foi a plantación na praza Luis Seoane. Cartel anunciador de Felipe Trillo
2012
2013: VII AGASALLO,  pola mañá plantación e pola tarde presentación do catálogo razonado de óleos, debuxos e bocetos de Luis Seoane (http://www.luisseoanecatalogorazonado.com.es/) coa presencia de Marta Purriños, Manuel  Lourenzo e Rosa Espiñeira Pan na Librería Formatos da Coruña. Deseño do cartel de Felipe Trillo.
2014: VIII AGASALLO, nesta ocasión celebrámolo o 1 de decembro, pola mañá a plantación e pola tarde na Librería Formatos da Coruña conversa entre Xosé Martínez-Romero Gandos, Rosa Espiñeira Pan e as asistentes sobre LUIS SEOANE A TRAVÉS DE MARÍA ELVIRA FERNÁNDEZ LÓPEZ.
2014
deseño Felipe Trillo












2015: IX AGASALLO, inauguración da exposición PICASSO 73 na biblioteca Miguel González Garcés, selección de libros de e sobre Picasso pertencente á Biblioteca de Arte de Luis Seoane, regalada por Maruja Seoane á Real Academia Galega, seguidamente a plantación. O día 4 no salón de actos da biblioteca conferencias de Xesús Alonso Montero e Pepe Barro.          

                                                                                                   deseño Felipe Trillo                                    
2016: X AGASALLO, na praza Luis Seoane colocación simbólica dunha placa de madeira de carballo polas persoas amigas de Luis Seoane, plantación e lectura de textos ou poemas de ou sobre Luis Seoane, Xesús Alonso Montero, Manuel Lourenzo, Antonio López Mariño e por todas os que queran facelo, música de “Os Noventa da Coruña”. Deseño do cartel Felipe Trillo.


2016
 

Tamén estaba prevista a publicación dun libro homenaxe a Maruja Seoane mais por motivos alleos á autora non é posíbel  agora mesmo, mais sairá máis adiante

Neste dez anos de agasallos só teño palabras de agradecemento para todas aquelas persoas amigas que sen ningún tipo de interese nin persoal nin económico fixeron que fosen posíbeis, sen eles non se terían feito.

É paradoxal que a única persoa que estivo ao lado de Maruja desde o principio, pensaron, matinaron e viviron o nacemento da fundación xuntas e a que contaba con todo o seu apoio, ademais de dedicarse ao estudo da obra plástica e escrita de Luis Seoane estea fora da fundación;  e os que nin sinten, nin viven, nin coñecen, nin lles importa Luis Seoane estean dentro dunha maneira un tanto irregular.










             




















































No hay comentarios:

Publicar un comentario