miércoles, 13 de julio de 2016

LIDO NALGÚN LUGAR, NALGÚN MOMENTO



23-XII-2005  23-XII-2015    DEDICADO A QUEN AMO


Dez anos dun caprichoso e improcedente despido levado a cabo, por “unanimidade”, polo padroado da Fundación Luis Seoane constituido por:  


Francisco Vázquez, alcalde do Concello da Coruña

Carlos González-Garcés, tenente de alcalde, responsable da área de servizos aos cidadáns do Concello da Coruña

Jesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia

José María Barja Pérez, rector da Universidade da Coruña

Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega

Carmen Marón Beltrán, concelleira de Facenda do Concello da Coruña

Pedro Vasco Conde, presidente da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña

Isaac Díaz Pardo

Ramón Villares Paz

Alfonso Paz-Andrade
Manuel Gallego Jorreto 
Juan Manuel Bonet
Xosé Díaz Arias de Castro
Silvia Longueira Castro, directora

Motivos reais do despido? Gustaría de sabelo. Bo día!




Onte, por casualidade, atopei nunha tenda da Coruña a Francisco Vázquez, alcalde e presidente do Padroado da Fundación Luis Seoane en 2005, lembreille quen son e o que fixeron comigo, coñecíame mais non lembraba o acaecido, recordeille que foi a última reunión do Padroado que presidiu, pois mentras que a él botárono para arriba (embaixador no Vaticano), a mín botáronme para abaixo (desempregada). Díxenlle que o meu despido foi improcedente dúas veces, a súa resposta: “entonces usted tenía toda la razón!”.  
                   
fotografía de Luis Seoane

   

2 comentarios:

  1. Xa o dixera, hai séculos, o grande Maimónides: mellor apartarse do camiño dos necios pois derrotalos esixe moita enerxía. Engado eu: mellor usar a enerxía para aplicala á criatividade, á solidaridade e a arte, por suposto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Xosé. Mais usarei ou tentarei usar unha dobre enerxía con creatividade, solidariedade e arte para poñer no seu lugar aos necios que se agachan arredor de nós. Porque un mundo mellor é posible con educación e responsabilidade, por iso hai que tratar de desenmascarar aos necios-mediocres que tanto dano fan e fixeron a Luis e Maruja Seoane.
      Que tal a correspondencia entre Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo? Gustaría de publicala e que ti me axudes. Un abrazo grande para ti e para Pilar

      Eliminar