sábado, 16 de julio de 2016

porque hai moitas maneiras de matar...



Un día de xullo de 1997 Xosé Díaz Arias de Castro, primeiro director da Fundación Luis Seoane cando comeza o seu camiño en novembro do ano anterior, coméntame que vai deixar a dirección por diferentes motivos e un deles é pola súa empresa de deseño.
Fala que lle gustaría que eu quede no seu lugar na etapa de transición da Fundación Luis Seoane, etapa que vai dende os seus comezos na sede provisional na rúa Durán Loriga da Coruña ata chegar ao seu lugar definitivo, lugar aínda sen definir nese ano 1997.
María Elvira Fernández López, compañeira de Luis Seoane e facedora da Fundación Luis Seoane, sabe da decisión de Xosé Díaz e está dacordo e contenta polo traballo que eu podo facer nese posto.
No rexistro de entradas e saídas de correspondencia da Fundación Luis Seoane hai una carta do primeiro director ao sr. Méndez Romeu, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña dese momento, con data de 11 de setembro de 1997 onde explica as razón polas que estaría ben que quede no seu lugar. (reprodución da carta)

Así as cousas isto non acontece. Continúo no posto de conservadora-documentalista ata o 23 de decembro de 2005, cando a sra. Longueira despídeme do traballo.
Que pasou?
Disto e de outras moitas cousas acontecidas antes e despois da creación da Fundación Luis Seoane tratará o libro que se está a escribir sobre María Elvira Fernández López (Maruja Seoane).  

No hay comentarios:

Publicar un comentario