lunes, 23 de diciembre de 2013

23 DECEMBRO 2005 23 DECEMBRO 2013

                         



                             HOXE NON QUERO SABER COMO TE CHAMAS
                         NIN PERGUNTAR QUÉ FOI DA TÚA MOCEDADE.
                         HOXE NON QUERO MÁIS QUE TE LEMBRAR DE NOVO
                         NO CUME MÁIS ANTERGO DAS MÁMOAS PROTEITORAS,
                         ERGUEITA, XURDIA, FORTE, LANZAL COMA NINGUÉN.
                         LONXE, 1954. LORENZO VARELA



                                  CANDO A VERDADE ESTÁ POSCRITA,
                           NON CANTA A PROFECÍA
                           I É PRECISO ADEVERTIR O QUE A LEI AGACHA.

                                  AS CICATRICES, 1959. LUIS SEOANE
                              
                           







jueves, 31 de octubre de 2013

Luis Seoane por Manuel Mugica Laínez

LUIS SEOANE
Una vez más nos enfrentamos en la galería Bonino, Maipú 962, con las búsquedas y los hallazgos de Luis Seoane. Sin abandonar el estricto rumbo que se ha trazado y a lo largo del cual desarrolla su tarea fecunda, exaltación de su fuerte individualidad, en cada ocasión nos ofrece una faceta nueva de su inventiva creadora, como si, haciendo girar una sola piedra tallada, sus múltiples aristas reflejaran la diversidad de sus colores y sus diseños. Lo que nos exhibe se destaca por la soltura mayor de las formas, frente al exacto rigor geométrico típico de Seoane, y por la insistencia oportuna en abstracciones que brotan de raíces figurativas. Hay, como siempre, gamas curiosas, originales, que sorprenden a los ojos con su extraña seguridad. Hay también una audacia de maestro que procede sin equivocarse y que regula la extravagancia como los versos de una poesía. (Manuel Mugica Laínez en La Nación, Buenos Aires, 28-IX-1961) 


viernes, 12 de julio de 2013

AGORA POLA MAÑÁ

BO DÍA, SÓ PARA DECIRVOS QUE ESTA PÁXINA ESTÁ CON TODOS NÓS DESDE O LUNS, 8 DE XULLO DE 2013, E ATA QUE POIDAMOS FACER UN MAGNÍFICO TRABALLO PARA A DIFUSIÓN DA OBRA E O PENSAMENTO DE LUIS SEOANE. 

FIGURA CON FONDO AMARILLO, 1966
F

jueves, 11 de julio de 2013

SAÚDO NUNHA TARDE DE VERANO

Ola amigos
esta páxina que empezou a andar hai moi pouco tempo na rede, mais non nos meus proxectos, pois a idea do catálogo razoado xa estaba nas conversas con Maruja Seoane na súa casa de Bos Aires, no tan remoto outono de 1987, cando tiven a fortuna de estar alá con ela. 
O tempo pasa, e o que pensabamos que ía ser un camiño de rosas, foi un camiño máis ben de espiñas, mais con paciencia e sen recursos chegamos ao que será unha fiestra aberta e non contaminada para todo aquel que se queira acercar a Luis Seoane.
O proxecto do catálogo razoado de óleos, esbozos e debuxos de Luis Seoane é para facer en papel, mais esta páxina quere ser un medio para alcanzar máis información para a que será unha publicación completa da obra deste artista, tan coñecido e descoñecido ao mesmo tempo. 
No VII AGASALLO A LUIS SEOANE no seu día de nacemento, o 1 de xuño, celebrámolo coa presentación na Librería Formatos da Coruña desta futura páxina, rematando cunha entrañable lembranza de Manuel Lourenzo a Luis Seoane. 
Agardo que sexa do voso gusto e estou aberta a toda clase de suxestións e comentarios variados e optimistas.
Ata pronto